1 ene 2013

Joyerías Amor: unha maridaxe entre a tradición e a modernidade.


A primeira semana do ano 2013 vai dedicada á Joyería Amor. Comercio amparado baixo o Centro Comercial Obelisco. Un dos veteranos en Galicia.


CCA Zona Obelisco, o gran veterano en Galicia.



Identidad gráfica corpoativa de
Zona Obelisco
A Asociación Zona Obelisco atópase situada no maior centro de cultura, de ocio e de compras da cidade herculina. A gran cantidade de lugares de interese, así como poder ofrecer a maior e mellor oferta comercial e hostaleira da Coruña, fan que a visita á Zona Obelisco se converta nunha visita obrigada. 



A Asociación Zona Obelisco, foi creada no ano 1979 converténdose na primeira asociación de comerciantes de Galicia e nunha das primeira de España. Este Centro Comercial Aberto ten por obxectivo velar polos intereses profesionais dos comerciantes e empresarios que a forman xuntamente cos valores urbanísticos e culturais do centro tradicional da Coruña.

Viandantes na Zona
do Obelisco
O Centro Comercial Aberto leva a cabo gran diversidade de iniciativas e actuacións conxuntas así como a prestación dunha serie de servizos aos seus socios e socias co obxecto de ofrecerlles un apoio fundamental para o desenvolvemento da súa actividade.
Entre os distintos servizos que ofrece esta veterana Asociación cabe salientar a interlocución coas distintas Institucións públicas vinculadas co sector comercial: Concello, Deputación e Xunta de Galicia. A prestación de servizos adicionais como o de asesoramento, recepción de ofertas para os seus asociados e as continuas campañas de promoción da zona, fan que a Zona Obelisco se vertebre como un eixe fundamental na área comercial, hostaleira e cultural da Coruña. 

Joyerías Amor: unha maridaxe entre a tradición e a modernidade.

Dende a prata con acibeche típica galega a porcelanas internacionais, a pezas de ouro realizadas nos seus obradoiros á última moda realizada en Italia,  ou mesmo pasando por reloxos deportivos e elegantes. Esta é unha pequena mostra do que Joyerías Amor poden ofrecer aos seus clientes. 


Joyerías Amor son sinónimo de ambición, emprendemento e bo traballo, pois os máis de 100 anos de experiencia avalan o éxito do relevo xeracional da familia Amor.


A Joyería Amor I  foi fundada en 1885 por Manuel Amor como un negocio dedicado á compra-venda e casa de cambio nun pequeno local da zona antiga da cidade sita no número 5 da rúa San Nicolás. 
Primeiro establecemento Amor
Daquela, A Coruña, era gran porto de emigración ás Américas. Proba disto son a cantidade e variedade de reliquias de moedas antigas tanto de ouro coma de prata que os visitantes, que ían e viñan nos barcos da época, deixaban no negocio de Manuel Amor. 

Xoiaría Helvettia
Co paso dos anos, o negocio vai prosperando e comezan a aparecer novas necesidades de reforma e ampliación: hai modificacións na fachada e comeza a denominarse como xoiaría de variedades. Pouco despois, xorde a posibilidade de mercar o local do número 7 e a primeira ampliación. 




Escaparate de Joyería Amor con manequín de Policía
As singularidades e as anécdotas nun negocio tan lonxevo son moitas. Así pois, a  afalta dun sistema de seguridade na época ocasionaron a rotura do cristal do escaparate. Como consecuencia disto, a creatividade e orixinalidade da familia Amor se traduciu na creación dun escaparate “especial” no que se instalou un manequín policía a modo de advertencia e escarnio. 

Segunda ampliación.
Tras anos de mantemento e boa xestión do negocio, tivo lugar o relevo xeracional con novas ideas, reformas e visións de negocio: era necesaria unha importante ampliación do local. Deste xeito, a Joyería Amor medra ao se anexionar aos baixos contiguos correspondentes ao número ao número 9. 


Xoiaría Helvetia
A expansión do negocio prosigue e en 1948 fúndase a xoiaría Helvetia, na Rúa Nova, 10. Helvetia naceu coa finalidade de complementar a Joyería Amor. Con posterioridade e a medida que ía madurando o proxecto empresarial, decidiuse mudar o aspecto desta xoiaría e diferenciarse outorgándolle un aire hollywoodense.


Fachada espectacular.
En 1962 amplíase a xoiaría co local contiguo acadando unha gran visibilidade: agora o negocio fai esquina. Deste xeito, o establecemento comercial gaña en dimensións e en visibilidade. Esta ampliación trouxo consigo unha reforma importante de toda a fachada exterior co obxectivo de deixar patente un novo estilo diferenciador. 

Xoiaría Anttur.
A idea de negocio segue adiante e, en 1965 inaugúrase a Joyería Anttur no número 1 da rúa San Nicolás.

Coa chegada da cuarta xeración, a Joyería Amor, sofre disintas modificacións na súa imaxe e Anttur pasa a denominarse Love Joya Joven, cun cambio radical de imaxe e concepto.  



Os veciños ante o suceso.
As malas sorpresas achegáronse á xoiaría Helvetia cando un curtocircuíto ocasionou un incendio que, afortunadamente, non houbo que lamentar danos persoais. Se ben, entre o lume e a actuación do equipo de extinción de incendios, os danos materiais ocasionados foron de importancia. A tenacidade e a fortalece da familia Amor foron quen de superar este incidente como mera anécdota do pasado.

No 2001,  fíxose o último cambio na identidade corporativa de Joyería Amor renovando a imaxe xunto coa introdución das novas tecnoloxías.


Actualidade.
Paseniñamente, a familia Amor, foi quen de evolucionar e expadir un negocio que, nun principio só se proxectaba como un pequeno negocio local, abrindo novas portas á sociedade coruñesa ofrecendo, desde sempre, un asesoramento e atención ao cliente transmitida xeración tras xeración.
O Grupo Amor Joyeros, fan gala de presumir de non ter pechado nunca un establecemento a pesar das molestias aínda que iso encarecera ou ralentízase calquera obra.

Finalizamos esta reportaxe, transcribindo as palabras da filosofía Amor: “Os clientes sempre o primeiro”.
Páxina web do CCA: CCA Zona Obelisco
Páxina web do Grupo Amor: Grupo Amor Joyeros

No hay comentarios:

Publicar un comentario