22 abr 2013

"Merceditas, 68 anos e tres xeracións no corazón de Galicia

"Merceditas", a primeira das tes xeracións

 

Chantada, o corazón de Galicia


42° 36´ 30ʺ N - 7° 46´ 08ʺ O, son as coordenadas de Chantada o “Corazón de Galicia”. Cunha superficie de 177,5 Km² e con arredor de 8.700 habitantes; bañada por o río Miño  e cunha das Ribeiras máis espectaculares que se poden visitar.

 

 

HISTORIA DA ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS

A Asociación de Empresarios de Chantada naceu como tal dunha idea xurdida arredor do 1988-1989 a través dun reducido grupo de persoas que lle deron forma, ata que o 12 de xullo de 1.990 quedaron legalmente redactados os estatutos e a acta fundacional da mesma. 

 

Por diversos motivos a Asociación estivo paralizada
Logo antiguo Asociación
durante catro anos, ata que o 30 de Marzo de 1.995 a través dunha multitudinaria reunión foi elexida unha Xunta Directiva.

A partir de aí a organización comezou a funcionar
Logo nuevo Asociación
captando socios, e realizando distintas accións para a dinamización do comercio local. Nesta época a Asociación de Empresarios coa campaña “MERCA NA TUA VILA”, consegue un gran impacto e promociona de forma eficaz a coñecida enseña rexistrada CHANTADA CORAZÓN GALICIA.

 

Na actualidade realiza campañas de dinamización da zona comercial como a Campaña de Nadal e a Campaña de Verán, realiza tamén un Concurso de Tapas anual, así como tarefas de asesoramento laboral e fiscal ós seus asociados ou mesmo campañas conxuntas con outras entidades para impulsar a economía local. Aínda que a Campaña máis coñecida do CCA Ribeira Sacra é Feira de Oportunidades, Produtos da Comarca e Artesanía que se celebra canda a Feira do Viño no mes de Marzo e que acada grandes éxitos cada ano.

 

 

O Centro Comercial Aberto Ribeira Sacra conta con aproximadamente 150 asociados (información dada polo
Logo CCA
CCA) nos que se enmarca o ramo do comercio, da hostelería e da industria. Conta tamén cunha sede propia situada na Praza de Galicia onde se atende, se asesora e se axuda en todo o necesario ós seus asociados.

O 15 de Marzo de 2013 a nova xunta directiva tomou cargo do seu posto. Trátase dunha xunta directiva nova, con grandes iniciativas e que espera seguir co traballo que dende o CCA se ven presentando dende hai anos. 

 

Actualmente, traballan activamente na búsqueda de convenios de colaboración con outras entidades para poder axudar nestes momentos tan duros ós comerciantes que a forman, así como en  novas campañas de fidelización de clientes e campañas de potenciación do consumo na vila.

 

Pese á situación actual, a Asociación de Empresarios de Chantada e CCA Ribeira Sacra, quere transmitirlle a tod@s os seus asociad@s unha mensaxe clara, concisa e  positiva que é que Xuntos Podemos!. 

 

Eduardo Rogina Checa (presidente)

Verónica Gayoso Sobrado (xerente CCA)




















Páxina web: www.aech.es

Facebook: www.facebook.com/as.dechantada




"Merceditas", 68 anos e tres xeracións no corazón de Galicia

Aló por mediados do 45, Merceditas a primeira das tres xeracións, a nacida en Cuba, filla de emigrantes da zona sur que regresaron a Chantada e dicidiron montar unha fonda que posteriormente traspasaron a outro veciño, deixou de forrar botóns na súa casa para coller unha sastrería que se traspasaba e comezar un negocio que vai camiño de cumprir os 70 anos. O nomeado negocio está ubicado na Praza de Santa Ana, na vila coñecida como o “Corazón de Galicia”. 

 

Merceditas Míguez

 

Merceditas Míguez Fernández, comezou a súa andaina empresarial nun pequeno baixo-portal, cunha inversión inicial en mercancía de 4.000 pesetas. Nel, tiña cabida de case todo, dende prendas de mercería ata artigos de librería e papelería; estes últimos introducidos no negocio debido a  que o seu marido era mestre.

 

Pouco a pouco o negocio foi medrando e a súa variedade de produtos tamén. Introduciu roupa de nenos, maiores, xoguetes… Segundo recorda Dona
Mercedes, viviron tempos moi duros mais “nunca nos  faltou de comer, pero ter un negocio e mantelo resultaba complicado”.

 

 

Unhas décadas despois, o hosteleiro que rexentaba a fonda que seus pais trasparasan anos atrás, decidiu marchar para A Coruña, o que fixo que o baixo da casa quedase libre. Tiraron a casa, construíron outra e cambiaron a mercería para o novo baixo, situado ó lado do portal onde Merceditas  comezou a súa andaina empresarial. Aí levan xa 35 anos! Ampliaron o negocio e a variedade do xénero de venda, agora, venden roupa de home, muller, nen@, visten noivas e tamén pequenos para o día da primeira comuñón.

 

Establecemento de referencia para o propio pobo e os seus arredores, Merceditas foise adaptando ós cambios e melloras empresarias pero sen perder nunca o seu carácter cercano cos clientes. O cliente que marcha satisfeito volve, o que non marcha contento non regresará nunca. Superou ante a clientela os relevos xeracionais Tres mulleres: Merceditas, a  fundadora;   Josefa filla, quen se incorporou tarde ó comercio, xa que primeiro estudou e despois casou cun home de Cidade Real que visitou Chantada para construír o Embalse de Belesar, tivo prole e con 40 anos púxose a cargo da tenda. E, por último Mercedes, quen parecía estar predestinada a quedarse á fronte do negocio, comezou por botar unha man as fins de semanas ata que chegou a facerse cargo da tenda fai xa unha década. Ademais contan tamén coa axuda de Elsa, a súa empregada dende hai xa un cuarto de século.

 

De esquerda a dereita: Mercedes, Josefa e Elsa. Na frotne, Mercedes a fundadora

 

Nos anos 70 Merceditas popularizou o lema publicitario “La cigüeña los trae y Merceditas los viste”

 

 

Resulta entrañable a cantidade de personas que voltan a Chantada moitos anos despois de marchar fóra e recordan con cariño que “A Merceditas” as  vestiu o día da súa primeira comuñón.

 

Será por iso que din de que o negocio vai no sangue, pero o certo é que ata hai pouco, non resultaba raro
visitar a tenda e atoparse coas tres xeracións de mulleresalí. Para a fundadora e a súa filla resultaba un momento agradable poder baixar ó negocio e ver como o visitaban os fillos daqueles ós que atenderon nos seus inicios.  Agora, coa fundadora a piques de cumprir os 100 anos e a súa filla con 77 as cousas xa cambian un pouco…


Negocio de referencia para a vila e os seus arredores, resulta complicado poder pensar en Chantada se Merceditas non está na beira da Praza de Santa Ana. Co seu escaparate alto adicado ás noivas, o seu escaparate principal con roupa de dona e cabaleiro e co último deles dedicado ós máis cativos. 

 

Presenta unha grande variedade de oferta en téxtil. En Merceditas atoparás roupa de cabaleiro, de muller, roupa interior, vestidos de noiva, etc. Por outra banda, é unha desas tendas con historia na que aínda podes atopar esa prenda antiga que necesitas e que xa non existe noutras tendas de nova creación. Prendas desas que miras e pensas en toda a historia que gardan nas súas teas.

 

O trato ó seus clientes agradable, educado, cercano e con ese toque de piscaresca e humor cando as primeiras xeracións están na tenda, fai que sexa unha tenda desas que visitas e te sentes como no teu fogar. 

 

Tres xeracións marcadas por cambios, pola modernización, por diversas crises vividas, polos diversos obstáculos… pero con  70 anos de historias.

No hay comentarios:

Publicar un comentario