6 may 2013

Electrodomésticos Leiro, S.L., despois de case sesenta anos

Benito Leiro Paz, fundador de Electrodomésticos Leiro, S.L.

 

Centro Comercial Aberto Vilanova Centro

 

O CCU de Vilanova Centro inicia a súa andadura no ano 2012, sendo anteriormente asociación de comerciantes dende o 2003.

 

A súa finalidade e a potenciación e dinamización do comercio local do concello de vilanova, para elo ten levado adiante cantidade de iniciativas do comercio local, realizando campañas en colaboración coa Xunta de Galicia, Deputación e entidades financeiras, ten entre os seus comentivos a promoción e defensa dos pequenos comerciantes apoiando todas aquelas iniciativas veciñais, culturais ou deportivas que nacen na nosa vila.

 

A delimitación xeográfica, engloba o casco urbano de Vilanova de Arousa. 

 

Presidente: Ramón Cardalda Fernández

Xerente: Eva Rey Rodríguez  

 

Páxina web: www.vilanovacentro.com 

 

 

Electrodomésticos Leiro, S.L., despois de case sesenta anos


Benito Leiro Paz

Benito Leiro Paz fundou o seu primeiro taller mecánico en Vilanova de Arousa no ano 1955. Instalouse nun baixo da rúa Tras da Cruz, preto do Concello, onde estivo situado durante a penas 6 meses, ata o seu traslado a Vilamaior, actual avenida González Besada, onde edificou unha pequena nave industrial. Ademais das tarefas propias dun taller destas características, nos primeiros tempos o local tamén estaba dedicado ó aluguer de bicicletas.

 


Os inicios de comercial Leiro (1966)

Benito Leiro decidiu establecer un taller porque a mecánica foi a súa profesión, xa exercida dende os 14 anos de idade en Talleres e Transportes Pereira de Vilagarcía de Arousa. O negocio comezou con moi poucos medios: un torno, a fragua, esmeril, soldadura, un par de aprendices... 

 

En 1966, o fundador ampliou a actividade do taller construíndo un novo baixo comercial onde se vendía maquinaria agrícola, motos, bicicletas, accesorios e ferratería con escaparates cara á rúa Rosalía de Castro e á avenida González Besada.

 

 

Tenda actual

Actualmente, Electrodomésticos Leiro conta con tres baixos comerciais situados na mesma esquina,mantendo a diversificación da actividade: ferratería por unha banda e electrodomésticos pola outra, intentando ser competitivos nas dúas.  O relevo xeracional chegou da man de dous fillos do fundador: Carlos e Sonia Leiro Conde. 

 

Electrodomésticos Leiro non quere seguir a estela das grandes áreas, onde se esquece o servizo ó público. A prioridade deste negocio, e o seu mellor activo, consiste na atención persoal e directa de maneira que os clientes o relacionen co servizo emais coa calidade. Venda, instalación, explicación do produto, e seguemento postvenda son os sinais de identidade que xa o promotor deste negocio imprimira nel.

 

Os seus fillos procuran seguir as directrices marcadas polo fundador e xa que logo incorporar os mellores prezos posibles e ofrecerlles ós clientes mercadorías de última tecnoloxía. Moitos dos clientes son amigos, persoas que cando necesitan algo non se plantexan ir a outro sitio porque están satisfeitas coa atención emais cos resultados da súa realación coa “de Leiro”.


No hay comentarios:

Publicar un comentario