Ferretería Salgado, remóntase aos anos 60
Centro Comercial Aberto Ourense Norte, agrupación voluntaria de comerciantes, empresarios e profesionais
O Centro Comercial Aberto Ourense Norte é unha agrupación voluntaria de
comerciantes, empresarios e profesionais que desenvolven a súa actividade
nun entorno tradicional como é o Barrio
da Ponte, na cidade de Ourense.
Este barrio foi ata o ano 1943 un concello independente da cidade de
Ourense, o concello de Canedo. Na actualidade forma parte do Concello de
Ourense, tratándose dun barrio comercial por excelencia.
Coa finalidade de defender os intereses comerciais e sociais da marxe norte
do río Miño constituíuse en decembro de 2008, baixo a denominación Asociación
de Empresarios Ourense Norte, pasando a converterse en Centro Comercial Aberto
a finais de 2009. A transformación en
Centro Comercial Aberto nace co gaio de representar, xestionar, fomentar e
defender os intereses dos seus asociados, sendo o seu principal obxectivo a
promoción e relanzamento, social e económico, do Municipio de Ourense, e de
maneira especial, da súa Área Norte.
COMERCIOS ADHERIDOS
A entidade está integrada por empresas pertencentes a distintos ámbitos
sectoriais, destacando os seguintes sectores económicos e ramas de actividade:
Mobiliario e material de oficina
Téxtil, calzado e complementos
Informática e electrónica
Construción e Inmobiliaria
|
Directiva en Asamblea |
Desde os seus inicios a Xunta Directiva traballa por defender e fomentar a
actividade empresarial mantendo vivo o comercio local, e desenvolvendo
iniciativas para dinamízalo e melloralo.
Presidente CCA: José María González Domínguez
Co obxectivo de dinamizar a área
norte do Concello de Ourense a Asociación está desenvolvendo varias liñas de
actuación:
Plan a longo prazo 2010/2015 de modernización do comercio.
Colaboración entre os empresarios para ofertar maiores vantaxes nas compras
da zona.
Cursos de formación específica para adaptarse ás novidades tecnolóxicas.
Campañas de animación do comercio local.
Distribución entre os establecementos asociados de bolsas biodegradables.
Páxina web e directorio virtual.
Tarxeta fidelización de clientes.
Organización anual de desfile de moda colección Primaveira-Verán.
|
Foto Pasarela |
A“Pasarela Norte Moda”, pretende dar un impulso a zona norte da cidade,
tanto no aspecto empresarial como
turístico.
"Ferretería Salgado", a máis antiga do barrio da Ponte
Os orixes da tenda
de ferretería mais antiga do barrio de “A Ponte” remóntanse a principios dos anos 60.
Nesta época acababa
de rematar o servizo militar obrigatorio o seu fundador, D. Eugenio Salgado
Pereira. Cando o seu pai D. Benigno Salgado, que rexentaba unha tenda de
ultramarinos, lle preguntou que ia facer para gañarse o pan, Eugenio
respostoulle: Montar unha ferretería.
E así comezou todo,
o 13 de xuño de 1961 abriu a súas portas Ferretería Salgado nun local alugado,
na Avda. de Santiago nº 1 ó carón da tenda do seu pai.
Pouco a pouco, e
con moito esforzo o negocio foi crecendo ata que ante a necesidade de mais
persoal, entrou traballar na mesma un irmán de Eugenio, Sergio Salgado que
daquela traballaba como oficinista
noutra empresa.
|
Eugenio e Sergio desempeñando os seus labores |
Arredor do ano 1975
D. Benigno cerrou a súa tenda de comestibles e os irmáns Salgado trasladaron o
seu negocio para o local da antiga tenda,
ó mesmo tempo pasou a formar parte do negocio outro irmán, Ricardo
Salgado e unha expendiduria de tabacos herdada do seu pai, convivindo durante
estes anos o estanco e a ferretería no mesmo local.
No ano 1991 entrou
a traballar oficialmente na empresa o fillo de Eugenio, Roberto Salgado, cumprimentándose
así un salto xeracional e continuando o carácter familiar do negocio.
|
Fachada antigua |
Despois do
falecemento de Sergio Salgado (1993) o negocio trasladouse de novo ó local do
seu orixe, quedando a ferreteria no numero 1 e o estanco no numero 3 da mesma
rúa desde o ano 1996 ata hoxe.
|
Fachada actual |
Actualmente o
negocio esta rexentado por Roberto Salgado (despois da xubilación de Eugenio), o
local consta de 200 m cadrados de atención ó publico e outros tantos de almacén
na súa entreplanta, ademais de outro local de 400 metros cadrados dedicado a
almacenaxe.
O negocio está en
continua adaptación as novas tecnoloxías, contando cun potente programa de
xestión e venta, con paxina web corporativa, presenza en redes sociais, e
iniciándose na venta online a través dunha plataforma apoiada pola federación
galega de comercio.
|
Roberto Salgado na porta do negocio |
A maior parte dos
clientes son particulares, e aínda que o maior volume de negocio está enfocado
ó ámbito doméstico tamén vende a empresas, industrias varias e Organismos
Oficiais.
|
Plantilla empleados |
A empresa conta con
4 traballadores, encargados de dar un servizo e asesoramento personalizado,
isto ademais dos prezos competitivos cos que traballan, son algunhas das razóns
do éxito deste negocio, con mais de medio século de antiguedade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario