26 ago. 2013

Joyería Castro, emblemático negocio fundado polo ano 1930

Joyería Castro, fundada por D.José Castro Fernández


Asociación Comerciantes e Empresarios do Calvario - ACECA

Calvario Centro Comercial Aberto


















Han transcorrido máis de trinta e cinco anos dende que se fundou a Asociación de Comerciantes e Empresarios do Calvario (ano 1.976), actualmente transformado no Centro Comercial Aberto do Calvario.


Antiguo barrio do Calvario


Nos seus princípios sendo presidente D. Orsí Pousada Covelo concebiuse como unha entidade encargada de velar polos intereses do pequeno e mediano comercio do populoso barrio do Calvario de Vigo.




No ano 2000 pasa a ocupar a presidencia a actual presidenta Dña. Maria Encarnación Alvarez Garcia , e comenza o proceso de peatonalización da rúa Urzaiz que remata a finais do ano 2002. Inda que esta remodelación resultou larga e complicada , supuxo unha rexeneración do comercio autoctono e da calidade de vida para comerciantes e veciños.


Despois dun par de anos conscientes do cambio que estaba a sufrir o pequeno e mediano comercio , iniciamos unha reconversión estructural , coa finalidade de potenciar , revitalizar e amparar o comercio do Calvario.


E no ano 2005 a Asociación de Comerciantes e Empresários do Calvario reconvertiuse no Centro Comercial Aberto do Calvario. Entidade , que nos seus anos de existencia non só acadou as expectativas dos que apostaron por esta novedosa fórmula comercial senón que son contrastables as vantaxes obtidas, dende a sua implantación.


Na actualidade contamos con case 300 establecementos asociados (información dada polo CCA), que oferecen o mellor de si mesmos para que o cliente quede francamente satisfeito.


DELIMITACIÓN XEOGRAFICA


Segundo o art.4 dos Estatutos , O seu ámbito territorial limitarase a Ciudade de Vigo a zona do Calvario e entornos colindantes.


María Encarnación Álvarez García
Fátima Teixeira Corbillón



Presidenta

Dende o ano 2.000 ocupa a presidencia Dña. Maria Encarnación Alvarez Garcia.


Xerente

Dende o ano 2005 ocupa a xerencia Dña. Fatima Teixeira Corbillon.


Páxina web: www.aceca-vigo.com



Joyería Castro, emblemático negocio fundado polo ano 1930


José Castro Fernández (Fundador)

En pleno corazón da zona peonil do Calvario , no nº 166, da rúa urzaiz atopámonos coa célebre “JOYERIA CASTRO”. Emblemático negocio do Calvario foi fundado por D. Jose Castro Fernandez, ala polo ano 1.930.


Jose Castro Fdez recoñecido non so por fundar esta célebre xoiería, ademais a sua figura esta ligado o deporte da cidade viguesa, xa que durante anos presidiu o equipo de futbol “ Turista”, traxectoria recoñecida co nomeamento dunha rúa nesta cidade , a rúa “PEPE CASTRO FERNANDEZ”.


Este cargo é o seu caracter afable fixerón que moitos dos seus clientes fosen xogadores e aficionados.


Rocío Castro Fernández e José  Izquierdo

Durante 40 anos traballou neste negocio - aprendido de neno a carón dun ilustre reloxeiro da cidade - negocio que reformou, xa que o antiguo comercio era un baixo na que unha parte era a entrada a rúa cruz blanca. O relevo xeneracional viu da man da sua filla, Dona Rocio Castro Fernandez , que dende ben nena aprendeu a carón do seu pai. Xunto a Jose Castro e a su a filla Rocio tamén traballaba un rapaz que acabaria casando coa filla do dono , D. Jose Izquierdo, que na actualidade son os que se ocupan do negocio.


Fachada Joyería Castro

Durante estos anos Dona Rocio Castro e D. Jose Izquierdo han sido capaces de adaptar o seu negocio as necesidades dos clientes , e cun trato familiar e cercano, han acadado o seu recoñecemento entre veciños e comerciantes, sen esquecer o árduo traballo levado polo seu antecesor , D. Jose Castro Fernandez .

19 ago. 2013

Joyería Fondevila, fundada no ano 1951

Joyería Fondevila, fundada por D.Eligio Fondevila Romero


Asociación de Comerciantes da Estrada - Centro Comercial Aberto


Potenciar o atractivo das zonas comerciais tradicionais, supón poder garantir unha maior liberdade de elección por parte da poboación á hora de seleccionar o seu lugar de compra, fomentar a competencia entre iguais, e evitar situacións predominantes a favor das grandes superficies comerciais do extrarradio, é por iso que en 1998 fórmase a Asociación de Comerciantes de A Estrada (ACOE).

A Asociación de Comerciantes de A Estrada, xorde dunha serie de inquedanzas e posta en común dun grupo de comerciantes da nosa Vila, a prol de conquerir un comercio mellor organizado e máis competitivo, ante a implantación dunha serie de grandes superficies moi preto de nós.


Destas inquedanzas, no ano 1998, os comerciantes atopamos o xérmolo do que actualmente representa esta asociación. A día de hoxe, esta iniciativa engloba aos sectores máis representativos do comercio do noso pobo, a fin de organizar e reorganizar o comercio existente.


Esta asociación conta á data, cun Centro Comercial Aberto que xorde no ano 2003, a raíz da elaboración dun estudo de viabilidade promovido polo Sector Comercial Retallista de Galicia.


A través do Centro Comercial Aberto, tratamos de darlle ó comercio de proximidade a importancia que ten, tratando de fomentar a igualdade no acceso á oferta comercial, evitando desprazamentos (evitando emisións de CO2), e facendo a nosa Vila máis sociable e atractiva.A calidade e competitividade, son características indispensables nos albores deste século XXI e para conquerílas é necesario realizar un esforzo común.


Debemos ser conscientes e afrontar os retos do mercado actual, partindo dunha visión consensuada que entre todos nos encargamos de redefinir.As estratexias colectivas son as que nos van a permitir competir e acadar novas cotas de mercado e rendemento.



Actualmente a Asociación conta en torno aos 144 asociados (información dada polo CCA) que se poden atopar na páxina Web da mesma.


Gumersindo Villamayor Martínez  (Presidente CCA)

Raquel López López (Xerente CCA)












Páxina web: www.acoe.es



Joyería Fondevila, fundada no ano 1951

Placeres López, na tenda de Calvo Sotelo, finais dos 50



Fundada no ano 1951 por Eligio Fondevila Romero, quen con 92 anos, segue sendo o titular do establecemento; que hoxe rexenta o seu fillo José M. Fondevila López.


Placeres López (en plaza de Galicia)


Xoiaría Fondevila inicia a súa actividade na rúa Fernando Conde de onde se traslada á rúa Calvo Sotelo nº4 no ano 1955 e no ano 1969 á súa situación actual na Praza de Galicia n.º 15.



Ubaldo Fondevila e Jose M.Fondevila (1986) 


Dende o ano 1952 Eligio comparte a propiedade e dirección da xoiaría coa súa esposa, Pláceres López Mahia. Case dende un principio contan tamén co seu irmán Ubaldo Fondevila Romero, quen colabora no taller de reloxaría e xoiaría que sempre tivo a tenda.


Tanto no taller coma no seu despacho ao público pasaron polo negocio varios empregados, permanecendo nos seus empregos durante moitos anos. Hoxe a tenda conta con dúas empregadas: Marian López Neira, con 27 anos de antigüidade e Mª Luisa Calvo Vidal, con 8 anos de antigüidade.

Tenda de Plaza de Galicia, anos 70



Eligio, antes de establecerse na Estrada, estivo de aprendiz nunha reloxaría (Reloxaría Fernández) de Silleda.






Ao longo dos anos foi ofrecendo aos seus clientes principalmente reloxaría, prataría e xoiaría. Nun principio, supoño que polo seu taller de micro-mecánica (reloxaría) e dado que algúns artigos nun principio se consideraban de luxo, como aparatos de raio, máquinas de coser e máis tarde televisores, chegou a ofrecer algún destes artigos; abandonando a súa comercialización a medida que xurdían tendas especializadas.


Na actualidade basea o seu comercio en xoiaría, prataría e reloxaría, buscando sempre ofertar o mellor dentro de cada apartado.


Entre a documentación que se acompaña, merece destacarse un cartel publicitario do ano 1951. No non figura o ano, pero a descrición e situación do lugar de situación non pasará desaprecibida para os maiores da localidade. Unha licenza de martrícula de bicicletas. Bicicleta que neses primeiros días utilizaba Eligio para ir a ver a que sería a súa esposa a Bandeira (Silleda). En Bandeira tamén tivo unha pequena "sucursal" do seu negocio nun local que só abría os días de feira (creo que 2 veces ao mes), onde se trasladaba nos "coches da feira" cunha maleta coa mercadoría. Máis ou menos pechou este local ao principio dos 60.


Marián López Neira e Jose M.Fondevila

Hoxe dende logo que Eligio non traballa, pero, se é necesario e cando se lle pide, aínda nos dá moi bos consellos á hora de reparar algún reloxo, sobre todo os grandes reloxos mecánicos de sala. É doado e frecuente que os clientes nos digan que o reloxo que traen a reparar llelo vendeu Eligio (polo que sempre preguntan) na maioría dos casos hai máis de 40 anos.


Marián López Neira e Luisa Calvo

Eligio, a súa esposa Placeres e o seu irmán Ubaldo son para nós, os que hoxe traballamos aquí, exemplo de esforzo, traballo e bo facer. É raro o día en que non recordemos algunha das súas anécdotas, ensinanzas e exemplos. Sempre, sempre os recordaremos con cariño.


12 ago. 2013

Librería Cándido, dende o ano 1904

Cándido González Tarrío, inicia a súa andadura no ano 1904


Asociación Rianxeira de Empresarios
- CCA de Rianxo Comercio Unido -

O Concello de Rianxo, berce de ilustres xuntadores de palabras como Castelao, Rafael Dieste e Manoel Antonio entre outros, agóchase no fondo da Ría de Arousa xusto onde o río Ulla se atopa co mar.


Neste concello, eminentemente mariñeiro, constituíuse no ano 1988 a Asociación Rianxeira de Empresarios (ARE) cuxos obxectivos sociais avogan pola representación, promoción e defensa dos intereses económicos, sociais, profesionais e culturais de todos os seus asociados e da comunidade na que estes se integran.


Na ARE agrúpanse numerosos empresarios e traballadores autónomos concienciados na importancia da unión e da participación colectiva e cooperativa de todos eles para exercer unha loita común polos seus intereses e acadar un tecido empresarial, forte e consistente, capaz de xerar riqueza e mellorar o nivel e a calidade de vida de todos os rianxeiros.


No ano 2005 creouse, dentro do seo da ARE, o CCA de Rianxo Comercio Unido co que se pretende, desde entón, fomentar a unión do pequeno comercio rianxeiro baixo unha imaxe común, dinamizalo, revitalizalo e configuralo como un espazo moderno e atractivo e promover o seu fortalecemento ante a ameaza das grandes áreas comerciais cada vez máis numerosas e próximas.


Baixo a imaxe común do CCA de Rianxo Comercio Unido intégranse unha gran variedade de establecementos comerciais e de servizos: alimentación, roupa e calzado, xoias, téxtil para o fogar, electrodomésticos, materiais de construción e ferraxería, droguería, efectos navais, informática, libros, xoguetes, estética e perruquería, asesoría, seguros, hostalería, etc.Todos os asociados colaboran e participan nas distintas actividades de dinamización e promoción comercial que se levan a cabo co fin de atraer e fidelizar clientes e incentivar e potenciar o consumo na área comercial propia do CCA.


Ademais das actividades de dinamización e promoción comercial que se realizan cada ano a ARE e o CCA Comercio Unido organizan, cada 25 de xullo, a Festa da xouba de Rianxo que este ano 2013 celebrou a súa XXI edición e coa que se pretende divulgar e promocionar a gastronomía e a cultura rianxeira.


Páxina web: http://empresariosderianxo.com/



Librería Cándido, dende o ano 1904


Aínda que creemos que realmente sucedeu antes, baseados en datas de documentos no noso poder impresos no propio negocio, podemos asegurar con toda certeza que alá polo ano 1904, Cándido González Tarrío iniciaba a andaina, poñendo en marcha unha pequena tenda que rexentou axudado pola súa esposa Carmen Rañó Pais.


Anagrama orixinal de LA COLMENA

O establecemento pasou a denominarse A COLMEA, e malia a súa modesta capacidade, vendeu todo xénero de produtos, desde agullas, fío e pezas, ata carburo para as lámpadas caseiras de iluminación. Libros e material de papelaría figuraron sempre entre os artigos postos a disposición dos clientes. Case desde os comezos, contou coa única imprenta instalada en Rianxo, e realizou pequenos e variados traballos (impresos, folletos, estampas, noticiarios locais…), limitados todos eles ao uso de máquinas manuais e a procesos de elaboración exclusivamente artesanais.


A actividade de venda desenvolveuse nun pequeno local que ocupaba a planta baixa da casa situada no “Campo de Abaixo”, propiedade de Cándido.

Cuberta anterior e posterior do noticieiro local: Rianjo Comercial nº 4, editado por Cándido González












Local na planta baixa de LA COLMENA

No ano 1955, SARA GONZÁLEZ RAÑÓ, filla de Cándido, fíxose cargo da tenda. Con dedicación, e axudada polo seu marido MARTÍN GÓMEZ RODRÍGUEZ, logrou conservar o conseguido e á vez emprender novas actividades comerciais. Abriu unha sección de confección e venda de pezas de punto. 


Desprendeuse da maquinaria de imprenta, para potenciar no seu lugar as vendas de Libraría, Prensa e Papelaría.



Baixo comercial de CASA CANDIDO

Neste período, o establecemento pasou a denominarse CASA CÁNDIDO. Para facilitar a execución das obras de rehabilitación e adición dunha planta, a tenda foi trasladada temporalmente á casa de Rúa do Medio 33, en cuxo baixo (posteriormente Comercial A Morocha e actualmente Administración de Lotarías) efectuáronse as vendas durante os anos 1975, 1976 e 1977. Finalizada a reforma, o comercio reinstalouse no seu anterior domicilio. 


No ano 1985, MARTÍN R. GÓMEZ GONZÁLEZ, fillo de Sara, con axuda da súa esposa TERESA TUBÍO RODRÍGUEZ, foi o encargado de recoller as rendas do negocio. Resultou esta unha fase de notorio crecemento, xa que se engadiron novas seccións de vendas. Nos anos 1987 e 1990, Libraría Cándido editou as guías de RIANXO e POBOA DO CARAMIÑAL. Publicou tamén cartafois de fotos antigas e tarxetas postais. 


Sen perder o seu carácter familiar, no ano 1993, o negocio transfórmase en Sociedade Limitada, que pasa a denominarse ANDAINA, S.L., en referencia á súa longa andaina; no entanto, en recoñecemento ao seu iniciador, o establecemento mantén o nome de Libraría Cándido como razón comercial. A Federación de Empresarios do Barbanza concedeulle o Dolmen de Ouro no ano 1995.


Coa anexión e conexión dun local contiguo na Rúa do Medio, amplíase o espazo de venda en 2001, lográndose con iso dobrar a superficie da tenda e ampliar o abanico de artigos comercializados. A actividade desenvolveuse con diversas seccións: Libraría, Prensa, Material escolar, Papelaría, Manualidades, Carnaval, Nadal, Máquinas de oficina, Imprenta, Copistería, Encuadernación, Plastificado, Telefax, Juguetería, Agasallo, Praia, Náutica, Publicidade impresa. 



Baixo comercial de ANDAINA, S.L. modernizado


A finais do ano 2007, por xubilación de Martín Gómez, faise cargo da xerencia o seu fillo PABLO J. GÓMEZ TUBÍO, que continúa desenvolvendo o negocio de ANDAINA, S.L. na liña xa establecida.




Interior actual da tenda


Como a tantos, a actual situación económica afectou tamén a Libraría Cándido, que soportou unha importante caída das vendas. Foi preciso pois prescindir do local alugado, que se pechou a finais de 2012.



Interior actual da tenda

Previamente, realizáronse obras de modernización no local propio, con sustitución de toda a carpintaría exterior, adaptación e renovación de mobiliario e equipos informáticos. E tamén, en consecuencia, reagrupáronse e reduciron as seccións de venda. 


Catro son as xeracións que pasaron por Libraría Cándido (orixinariamente A Colmea). Non nos cabe dúbida de que foi pioneira do comercio rianxeiro. Ao día de hoxe, alcanzou e superado o centenario dos seus comezos.  

5 ago. 2013

Xoiaría Ramón Fernández, iniciou a súa actividade fai máis de cen anos

Xoiaría Ramón Fernández, traballa na modernización para adecualo negocio aos tempos que corren


Centro Comercial Aberto Centro Príncipe




En 1976 ten a súa orixe, tal e como o coñecemos hoxe en día, o Centro Comercial Aberto Centro Príncipe. A iniciativa xurde a partir dun estudio encargado ao IRESCO sobre a actividade comercial na rúa Príncipe de Vigo no que o resultado recomendaba facer da zona “un centro comercial horizontal” que aglutinase a todos os comerciantes baixo unha entidade xurídica que dirixise a política comercial da rúa. Dende entonces, a Asociación de Comerciantes Zona Príncipe puxo en marcha o Centro Comercial Aberto Centro Príncipe coa idea de crear un espacio comercial diferenciado e dinámico. Hoxe en día, Centro Príncipe, ademáis de unir aos comercios da zona centro da cidade baixo unha imaxe corporativa común, ofrece unha ampla carteira de servicios tales como aparcamento, reparto a domicilio, promocións, etc, sempre buscando a calidade e a atención personalizada.

 

Delimitación xeográfica

 

 

O Centro Comercial Aberto Centro Príncipe ten como arteria principal a peatonal rúa do Príncipe, incluíndo ademáis os establecementos comprendidos nas rúas: López de Neira, Porta do Sol, Eduardo Iglesias, Velázquez Moreno, Ronda Don Bosco, Policarpo Sanz, Colón, Uruguay, Magallanes, Hernán Cortés, Marqués de Valladares, Carral e Urzaiz ata a confluencia con Gran Vía e Lepanto.

 

O Presidente é Don Cándido Rial Covelo e o xerente é Don Enrique Nuñez Garrido.

 

Cándido Rial Covelo (dereita) e Enrique Núñez Garrido (esquerda)


Páxina web: http.://www.centroprincipe.com/



Xoiaría Ramón Fernández, iniciou a súa actividade fai máis de cen anos

 

A actividade iniciouse o 25 de xullo de 1910 como un negocio familiar.

 

A actividade a comenzou Ramón Fernández Barreiro e continuou o seu fillo Raniero Fernández Calvo e o seu xenro Teodoro Gómez Orellana nos anos 40. Nos 70 comezou a traballar no negocio o xenro de Teodoro, Óscar Cuiñas Boán, e a filla de este, Verónica Cuíñas Gómez no ano 2000.

 

Os inicios da xoiaría foron na rúa Elduayen de Vigo e a continuación estableceuse en Príncipe. Chegou a tener, nos seus inicios, unha sucursal na rúa Real de A Coruña que durou pocos anos.

 

Cando Ramón Fernández era novo gañou un concurso de debuxo. Él proviña dunha familia humilde de Santiago de Compostela, o seu pai traballaba nunha fábrica de chocolate e ese tería sido o seu camino se non fora porque ese concurso abriulle a porta a un traballo máis artístico e manual.

 

Ramón comezou a traballar no taller de Santiago Rey, en Santiago de Compostela, como aprendiz e neno dos recados. Alí aprendeu o oficio como se facía antes: vendo traballar aos xoieiros do taller. Él destacaba como prateiro, cincelando a man e tiña moi bo gusto para as piezas de xoiaría.

 

Despois viño a Vigo. Nun primer momento quería irse a América pero o seu irmán convenceuno de que en Vigo había boas perspectivas para o seu negocio y decidiu quedarse.

 

Xa en Vigo, Ramón traballou primeiro no taller de Sobrino e despois estableceuse na rúa Elduayen coa súa muller, Flora Calvo Figueroa, que atendía aos clientes mentres él facía as piezas no taller. Máis tarde alugarían un baixo na rúa Príncipe onde instalaron a tenda. Ramón e Flora tiveron tres fillos: Raniero, Ramón e Flora. Flora casouse con Teodoro Gómez e tiveron unha filla. Ramón faleceu na guerra civil e Raniero non tuvo fillos. Así, tras Ramón Fernández e durante algún tempo a vez que él, estiveron na xoiaría Raniero e Teodoro. Raniero fundou a asociación de xoieiros de Vigo e foi un dos fundadores da sociedade fotográfica galega, tivo moitas inquietudes artísticas e empresariales. Teodoro adicouse máis a xestión da xoiaría que era na realidade o que a él máis lle gustaba.

 

Máis tarde incorporouse o xenro de Teodoro, Óscar Cuíñas, facéndose cargo do negocio e tratando de modernizalo, informatizando os datos, mellorando o taller… No ano 2000 é cando se incorpora a filla de Óscar, Verónica Cuíñas, que é a bisneta do creador do negocio familiar Ramón Fernández Barreiro. Bióloga de formación, Verónica decidiu continuar co negocio da familia e preparouse realizando estudos de Xemoloxía e Diamante. Actualmente é Verónica quen está a fronte da xoiaría.

 

Verónica Cuíñas continua coa labor que iniciou o seu pai e traballa na modernización do negocio para adecualo aos tempos que corren.

 

O valor engadido ten a súa base na tradición familiar do negocio, unha familia artesana que pasou o seu legado de xeración en xeración. A ese valor engádese o gusto por unas pezas únicas e o esforzo por adaptar o negocio as tendencias actuais do mercado.


Verónica Cuíñas é a encargada do negocio e é a bisnieta de Ramón Fernández. Con ela, traballan un grupo de persoas que fan posible que a empresa siga adiante.


Por un lado, están os traballadores do taller, que a maioría comezou a traballar con 15 anos e se xubilaron na empresa. Hoxe a nova xeración do taller colle o testigo, como Samuel Agulla que comezou con 18 anos e leva xa 12 anos no negocio.

 

O persoal de tenda tamén é unha peza fundamental. Xunto cos membros da familia traballaron Miguel Fernández que xa faleceu e Daniel Peixoto que leva uns 40 anos na casa, sempre de cara ao público.