23 sept 2013

Comercial Queijo, máis de medio século

Comercial Queijo, dende o ano 1957


Asociación CCU Rúa Barcelona


A Asociación de Comerciantes da Rúa Barcelona é una asociación sen anemo de lucro, que comenzou a sua andaina hai máis de 20 anos. Por aquel entón unha serie de comerciantes deciden poñer en común os seus esforzos para conseguir melloras no barrio, facelo máis atractivo dotando de novos servizos e atraer así novos clientes os seus negocios.

O primeiro paso foi a peatonalización da rúa Barcelona e dalgunha das rúas adxacentes que en conxunto constitúen un circuito peonil cómodo e atractivo.



Despóis veu a construcción dun aparcadoiro para poder ofrecer este servizo gratuitamente aos nosos clientes. Os comercios da zona a nivel individual, tamén fixeron un grande esforzo para modernizar os seus negocios e dotalos das máis novedosas tecnoloxías. Desta forma, sentaron as bases para a transformación da Asociación nun Centro Comercial Urbán, que estivese en condicións de competir cos mellores Centros Comerciais de Galicia.




Así, en 1991 se pon en marcha o Centro Comercial Urbán Rúa Barcelona, coa finalidade de organizalo comercio minorista e os servizos da zona a través dunha planificación organizada, baixo unha marca e que pretendía desenvolver accións e servizos que beneficiasen ao asociado e ó consumidor final.














Para levar a cabo este proxecto elaborouse un estudio da zona, delimitouse a mesma, desenvolveuse a marca centro comercial urban, e levaronse a cabo campañas de señalización e promocionais.


 










A Asociación de comerciantes e hosteleiros responsable do proxecto denominado “Centro Comercial Urbano Calle Barcelona”, xurde como un mecanismo dirixido a salvagardar, representar e protexer os intereses dos empresarios e profesionais da rúa Barcelona e arredores, frente os diferentes problemas que se lles presentan no desenvolvemento da súa actividade.


A Asociación crease cun marcado carácter Multisectorial, ao considerar que coa unión de tódolos empresarios e profesionais se logran acadar maiores sinerxias, e “por en valor a zona”.


A apertura de grandes superficies comerciais na área metropolitana e os cambios nas pautas de consumo dos ciudadans, provoca a necesidade de impulsar o asociacionismo entre pequenos e medianos empresarios, para reforzar as súas posicións e unificar criterios e forzas para adaptarse a nova situación.


José Manuel Castro Fuentes


LOCALIZACIÓN: Rua Alcalde Suárez Ferrín, 15 sótano 2 local 1, 15011 A Coruña.



A xunta directiva dende o ano 2011 está presidida por José Manuel Castro Fuentes, que xa estivera como  presidente nos comenzos da asociación, e a xerencia por Pilar García Seco.





Comercial Queijo, máis de medio século


Comercial Queijo, adicado a venta de electrodomésticos, abre as suas portas da man de D. Antonio Queijo Muiño no ano 1957, cunha tenda nun local de planta baixa na rua Pascual veiga, naquel tempo todavía sen asfaltar e coa mayoría das que hoxe son as principais  rúas da zona do Agra do Orzán totalmente a campo.


Antonio Queijo


Posteriormente, uns dez anos despois, abre no mesmo barrio unha segunda tenda de electrodomésticos hoxe sita na rúa Alcalde Liaño Flores e unha tenda de moveis de cociña e baño sita na rúa Agra do Orzán, en total sinerxia coas duas anteriores.



Hacia o ano 1985 a tenda da rúa Pascual Veiga foi trasladada a rúa Entrepeñas onde a día de hoxe continua coa sua actividade.



Fai 20 anos, Comercial Queijo participa como socio fundador na creación do grupo Cenor. A idea surde cando varios empresarios do sector, ven a necesidade de facer frente a un mercado en constante evolución e coa idea de encontrar sinerxias comúns, que lles permitisen ser mais competitivos e ao mesmo tempo estar mais cerca e mellorar os servizos prestados ao consumidor. No ano 1996 Cenor incorporase ao grupo nacional Segesa, líder no mercado nacional.


Páxina web: http://www.comercialqueijo.es/



No hay comentarios:

Publicar un comentario