16 sept 2013

Schreck Fotógrafos, un dos apelidos mais coñecido da cidade

Centro Comercial Aberto Ourense Centro



A Asociación de Comerciantes, Empresarios e Profesionáis do Centro Comercial Aberto Ourense Centro e unha asociación empresarial sen ánimo de lucro creada no ano 2004 ao amparo da Ley 1977.



O CCA Ourense Centro foi promovido pola Deputación Provincial de Ourense, o Concello de Ourense, a Cámara de Comercio de Ourense, a Federación de Comercio de Ourense e  Caixanova (agora Novagalicia Banco). Inicialmente nombrouse unha xunta xestora que foi a encargada de delimitar o espazo comercial que abrangue a asociación, así como definir o contido dos estatutos que rigen o seu funcionamento.



A área comercial de influencia do CCA consta da zona centro e do centro histórico da cidade de Ourense, as máis concorridas zonas comerciais da cidade.


Actualmente forman parte do CCA 230 establecementos comerciais e de servizos (información dada polo CCA) ubicados nesta área. Os establecementos con sede fora desta área poden igualmente ser socios do CCA como “socios colaboradores”, unha figura que se contempla nos estatutos que ofrece a estos negocios a posibilidade de formar parte do CCA con todolos dereitos, salvo o de voto.


Dende os seus inicios hasta a actualidade han sido moitos os proxectos levados a cabo pola organización, sendo considerada na actualidade, a “voz do comercio” en Ourense. Se ben, nos inicios, a mayoría dos proxectos estaban dirixidos a difundir a imaxen do CCA Ourense Centro realizando numerosas actividades de dinamización na rúa, nos últimos anos as actividades se han encamiñado principalmente a prestar servizos aos asociados, axudandolles a mellorar a súa competividade.


A área de influencia do CCA está formada pola zona centro e o casco histórico da cidade.


Identificación do espazo comercial

Os establecementos asociados están identificados por banderolas feitas en chapa de acero galvanizado que garantizan a súa durabilidade e identificación. A sinalización de cada establecemento reforzase con sináis na entrada da área comercial, así como con sináis informativas a  chegada da cidade.


Reforzo identificación espazo comercial

Por outra parte, a identificación refórzase  durante a época de nadal coa instalación dunha iluminación de Nadal uniforme en todas as rúas, instalando arcos navideños co nome do CCA na entrada da zona.

O largo do ano desenrolanse numerosas campañas de fidelización e animación comercial dirixidas a incrementar as vendas dos establecementos asociados, así como a reforzar as fechas máis comerciais tales como: Día de San Valentín, Día do Pai, Día da Nai, Volta ao Cole, Nadal, ...


Páxina web: www.ourensecentro.com

Facebook: https://www.facebook.com/ccaourensecentro



Schreck Fotógrafos, un dos apelidos mais coñecidos da cidade


A historia desta tradicional familia remontase moitos anos atrás e non ten a súa orixe en Ourense. Un dos apelidos mais coñecidos da cidade e de toda a provincia, é de orixe alemán, de onde chega a España o fundador da saga de fotógrafos.


Tres xeracións de Schreck, os tres Ernestos da familia, ligaron estos apelidos a  fotografía e a calidade, y souberon facer do seu oficio un arte para orgullo da profesión e da satisfacción dos seus clientes. Dende o daguerrotipo ou o calotipo ata as máis modernas tecnoloxías dixitais e Photoshop ™, as tres xeracións foron marcando a traxectoria ó ritmo que avanzaba a fotografía, e aínda que manexaron técnicas distintas, todos o fixeron cun toque maestro e persoal que caracterizou as súas obras a través dos anos.


Foto de todas as xeracións de apelido Schreck

Ernesto schreck Schültz chega a Ourense no ano 1922, procedente dun pequeno pobo alemán a orillas do río Oder, que tras a Primeira Guerra Mundial é anexionado a Polonia. Nos albores dos felices anos 20 Ernesto deixa o seu Küstrin natal (hoxe Kostrzyn) tras participar na contenda xunto os seus catro irmáns e haber exercido mais de fotógrafo que de soldado nas trincheiras, pois si de algo se sentía orgulloso era de non haber disparado unha soa vez a arma. A tremenda crise que atravesa o país xermano tras a guerra así como as enormes dificultades para saír adiante, fanlle tomar a decisión de trasladarse a España, uno dos países que mais aseguraba o porvir naquelas  fechas, dada a sua non participación na Guerra. Sen embargo, antes da súa chegada traballará tamén como fotógrafo en Austria e Dinamarca, onde coincide co mellor profesional de Copenhague.


Naceu en 1897, Ernesto conta con 23 años cuando recala en Barcelona e ten os seus primeiros contactos coa fotografía en España, traballando durante un ano as ordenes dun famoso fotógrafo para o que facía arreglos e retoques. No prazo do ano seguinte aínda coñecerá dúas cidades españolas mais; Zaragoza, onde se afianza o seu amor por este arte e aprende as técnicas que despuntan nese momento, aunque a súa específica e completa formación alemana de anos de aprendiz e oficial fano enseguida merecedor dos mellores postos.
Adoración Muro e Ernesto Schreck
Máis tarde en Logroño entra a formar parte dun importante profesional Alberto Muro -sucesor a súa vez de Chacón quen fora fotógrafo da Familia Real-, que ó pouco tempo se convertería no seu sogro, ó casarse co asua filla Adoración Muro Gutiérrez. Por parte de Adoración Muro, a familia conta igualmente con unha ampla tradición de fotógrafos, xa que esta era tamén a profesión do seu abo, pai e Irmán; polo que a actual xeración é a terceira en Ourense pero a quinta en España da mesma familia, dedicada a fotografía.


Case recen casados Ernesto y Adoración trasládanse a Ourense, onde se establecen no local que aínda ocupan na actualidade, na Rúa Cardenal Quiroga, a dez metros escasos da famosa Leiteira (inexistente por aquel entonces, pero que hoxe converteuse nun símbolo indiscutible de referencia no centro da cidade). Corre o
Fachada 1922 - 1939
ano 1922 e a chegada a Ourense coincide co traslado forzoso, por problemas económicos dun fotógrafo de renome naquela época: Samaniego, circunstancia que beneficia os recen chegados, xa que ocupan o local que éste traspasaba. Pouco a pouco van adquirindo notoriedade e prestixio dende o mesmo centro de Ourense, pero a consolidación é lenta porque na cidade hai moita competencia e os principios son difíciles: os estudios de Pacheco e Bruguera ubícanse moi cerca do seu e fan falta ó menos dezaoito anos para que o negocio comece a prosperar.


Empeza así a época dourada de estudio de Schreck, que vai gañando reputación día a día ata converterse na saga mais antiga de Ourense y das mais antigas  de Galicia e España.


A complicación que ó principio tivo co idioma non impediu a Ernesto Schreck Schültz prosperar e adaptarse a unha nova vida no país que logo sentiría como seu, aunque perdurou sempre o seu amor por Alemania. Varios intentos de regresar o seu país natal foron enseguida esquecidos.


De trato cariñoso, cortés ye con unha tremenda educación o facía digno do respeto de todo o que o coñecía, “o alemán” enseguida se habituou a Ourense e foise facendo oco entre os fotógrafos da cidade. O seu fillo recorda de él o seu “enorme laboriosidade e a súa capacidade inventiva e creativa propia dos  países do norte de Europa”. Ernesto e Adoración formaron un matrimonio de 65 anos de unión .


Comenza a etapa en que os traballos de Ernesto Schreck son recoñecidos e valorados polos clientes e o seu despegue es imparable.


Fachada 1939 - 1970

O matrimonio supera unha etapa desafortunada tras o falecemento da súa  primeira filla por tifus e pronto nacerán outros tres descendentes: Ernesto, Margarita e Ana María Schreck Muro. Antes do estalido da Guerra Civil Española, o matrimonio conta xa con recursos suficientes para ampliar o local e converter en tenda o que ata entonces fora o domicilio familiar, ocupando agora o laboratorio o sitio do xardín da casa.


A guerra trae consigo outras complicacións e o suministro de material fotográfico detense, polo que se ven obrigados a fabricar a parte dos químicos do laboratorio e importar o papel directamente desde  a súa Alemania natal.


Tras a calamidade continuaron os anos dourados no negocio, que se traducen nun aumento progresivo non só da calidade impecable e o servizo que caracteriza ós traballos de Schreck, senón tamén dos clientes que saben valorar estas características e que hoxe en día seguen acudindo a retratarse onde anos atrás o fixeran os seus antepasados.


Ambos, pai e fillo, recordan que houbo unha época que coincidiron os tres Ernestos no estudio: o abo, que faleceu no ano 1986, o pai eo fillo, foi unha época na que a cantidade do traballo facía necesario a presenza de todos no estudio. Turnabámonos para poder así asistir a congresos e talleres de traballo.


Ernesto Schreck Mata, a terceira xeración incorporase ó estudio no ano1983, aunque como recorda, “desde neno todos na casa votabamos unha man de vez en cando, especialmente na época de Primeiras Comunións, onde os catro irmas, él e os seus tres irmáns traballan en tarefas como: dar número a  entrada,  peinar os nenos, baixar e subir os fondos e mover os decorados do estudio…”


Fachada 1970 - 2007

Dende a asistencia a escola de Artes e Oficios de Ourense durante varios anos (para coller o pulso ó lápiz de retoque) os talleres, seminarios e congresos (incluso no estranxeiro). A pesar de todo isto, a mellor escola estaba dentro,  Compartindo cos dous Maestros (abo y pai) las técnicas e a profesionalidade que lle dirán fama o estudio, con xornadas de traballo interminables e multitude de facetas dentro do que pode ser a actividade diaria do estudio: laboratorio, revelado e procesado do traballo, retoque, fotoacabado e montaxe e os marcos, e dicir, desde a concepción da fotografía ata a entrega ó cliente,  nos encargámonos de todo.



Todo o que coñecíamos ata agora é a base, os cementos dun estudio fotográfico tradicional que agora foi adaptado os novos tempos.


Tanto a captura das imaxes como o seu procesado son totalmente dixitais e  para iso, o estudio conta coas mellores tecnoloxías do momento.



Fachada actual

Aplicando un esforzo extra á constante e continua preparación técnica sobre a evolución do: software, hardware, perfiles de color, calibración… pero   aderezado co aprendido dos nosos maiores. vocación, esforzo, dedicación e cariño pola profesión. O “retratista” que agora rexenta o Estudio, manteñe esa técnica e o prestixio que tantos éxitos dio o seu pai e avó. 


O estudio fotográfico e membro da:
  • Asociación de Fotógrafos de Ourense
  • Asociación de Fotógrafos de Pontevedra
  • Federación Española de profesionales de la Fotografía y de la Imagen (FEPFI)
  • Nacional Associaton of Photoshop Professionals  (NAPP)
  • CCA Ourense Centro


No hay comentarios:

Publicar un comentario