Mercería Lucita, dende o ano 1895
Centro Comercial Aberto do Ribeiro
O CCA do Ribeiro iniciou a sua actividade como tal no ano 2012 sendo un dos CCA de recente creación, pero anteriormente a asociación viña existindo dende o ano 1987. dita asociación comezou ca unión de uns poucos negocios da vila para apoiarse mutuamente pero pronto se foron xuntando mais negocios e hosteleiros ata chegar a día de hoxe aos 116 negocios adheridos (información dada polo CCA).
Directiva do CCA |
O CCA inicou a súa actividade co obxetivo principal de poder ofrecer un valor engadido por unha banda os seus asociados e por outra os clientes.
Interior oficina CCA |
Os asociados para poder así complementar os seus servicios, ofrecendo uns servicios de atención personalizada máis completos, formación a través de diferentes cursos ou xornadas para poder estar mais ó tanto das novedades actuais. Axudar a que poidan aumentar as súas vendas coa realización de campañas promocionais cada certo tempo para así fidelizar ó cliente e ter sempre un premio ós clientes que mercan na vila.
Sede CCA |
O inicio de ser CCA quixemos facer unha diferenciación dos negocios asociados e dos que non o son colocando unhas placas identificativas do comercio asociado, para así dar unha imaxen homoxenea e de unión.
En tan so un ano de existencia do CCA do Ribeiro, consideramos que esta axuda é necesaria e moi ben acollida para poder aumentar as prestacións e poder fidelizar ó cliente que é un dos nosos maiores obxetivos xunto co de ter ós asociados contentos e que vexan que se fan actividades para o seu ben.
Páxina web: http://empresasdoribeiro.es
Mercería Lucita, foise adaptando ao longo dos tempos
Fachada Mercería |
A día de hoxe o negocio é unha Mercería e seu nome é MERCERIA LUCITA situada na rúa Progreso da vila de Ribadavia.
A actividade iniciouse antes de 1895 cando se creou un galpón onde
traballaban, dedicado a un taller de latoería, fontanaría, canalóns etc..
No ano 1909 falece don Francisco Sánchez Sánchez, continuando a actividade
a sua dona Juana Araujo Alonso, o seu fillo e dous empregados.
No ano 1910 tirouse o galpón e construíuse a casa actual, finalizando no ano 1913 e continuando coa mesma actividade.
No ano 1932 cambiou, ampliando a negocio, con ultramarinos e zapatillería.
Interior mercería |
No ano 1948 falece dona Juana Araujo e continúa a sua filla dona Luz Sánchez Araujo, pasando a ser un bazar de xoguetes e zapatillas.
No ano 1957, cambiou a actividade exclusivamente de calzado, paquetería, lencería e mercería.
O falecer dona Luz Sanchez, continúa o negocio o seu fillo Manuel Castro Sánchez e continúa a sua esposa dona Olga Vázquez Perez, ata o día de hoxe.
Olga Vázquez Pérez e Manuel Castro Sánchez (Propietarios) |
No hay comentarios:
Publicar un comentario