16 dic 2013

Panadería Pallares, a máis antiga da provincia de Lugo

Panadería Pallares, unha das máis antigas de Galicia


Asociación de Comerciantes, Empresarios, Profesionais e Autónomos de Sarria
Centro Comercial Urbano de Sarria



A Asociación de Comerciantes, Empresarios, Profesionais e Autónomos de Sarria fundouse no ano 1997 como organización empresarial sen ánimo de lucro, inda que se converteu en CCU no ano 2004.  No ano 2004 redactouse un Plan Estratéxico Comercial, desenvolvido dentro do Programa Cuatrienal da Modernización do Sector Comercial en Galicia da Consellería competente en materia de comercio, e ao abeiro do mesmo desenvolvéronse as primeiras accións de implantación do Centro Comercial Urbano de Sarria.


Os principais obxectivos dende os inicios desta organización, foron a representación, defensa e promoción dos intereses económicos, sociais, profesionais e culturais dos seus asociados. Dende os comezos, articulouse como unha asociación multisectorial, cuxa finalidade primordial é a de dinamizar e modernizar o comercio de Sarria, actuando en representación das empresas da localidade ante entidades públicas e privadas, e facendo o papel de mediadora e interlocutora perante organismos e foros nos que o sector empresarial da Vila precisa estar presente. Outro dos obxetivos principais perseguido por este Centro Comercial Urbano dende a súa creación, é a promocion do pequeno comercio fronte ás outras fórmulas comerciais, nas cales se perden valores propios do comercio tradicional.


Ricardo Arias Alvaredo (Presidente CCU)

Os establecementos do CCU (na actualidade contamos con 90 comercios adheridos, aínda que chegamos a  ser en torno aos 130 -información dada polo CCU-), contan cunha sinalización no propio establecemento, consistente nunha bandeirola e nun adhesivo identificativo coa imaxe ou logotipo do CCU. Esta mesma imaxe, aparece nos directorios que situamos nos principais cruces de paso dos nosos clientes - potenciais e habituais. Nestes ofrécese ademais información sobre a situación dos establecementos asociados, campañas que se realizan, así coma un plano das rúas da localidade. Tamén contamos con dúas vallas publicitarias.


Durante todo o ano poñemos en funcionamento diversas campañas, coa intención de incentivar ao consumo nos establecementos da vila, e de animar a unión entre todos os comerciantes e hostalaría. Estamos a falar de campañas tales como: San Valentín, día do pai, día da nai, primavera-verán, volta ao cole, outono,… A maioría destas campañas van acompañadas de sorteos, na actualidade estamos sorteando sobre todo vales de compra, os cales revirten de novo no comercio de Sarria. Ademais destas campañas, realízanse outros eventos como pode ser a “noite de compras”. Os catálogos, trípticos ou rueiros do CCU son outras actuacións que se levan a cabo.


Susana Tourón Fernández (Xerente CCU)

Por outra banda, na búsqueda de beneficios para os nosos asociados, tamén estamos asinando convenios de colaboración con distintas empresas e entidades.


Para poder desenvolver con éxito todas as actuacións realizadas polo CCU, éste conta cunha oficina técnica, dende a cal se organizan e reparten as distintas campañas, se informa aos asociados dos cambios lexislativos e subvencións dos distintos organismos, tramitación das axudas que soliciten os establecementos do CCU, inscrición en rexistros,…


Páxina web: www.acesarria.com



Panadería Pallares, a máis antiga da provincia de Lugo, e unha das mais antigas de Galicia


Jesús García Castro (3ª xeración)
María Castro e os seus fillos (2ª xeración)















O seu fundador, Tomás Castro, iniciou o negocio no número 100 da rúa Calvo Sotelo en 1876, e a súa filla, María Castro, trasladouno a súa actual localización no número 94 da rúa Matías López en 1928. Posteriormente rexentaron a panadaría os seus fillos Manuel e Jesús García Castro.



Pilar e Javier García (4ª xeración)

Na actualidade, da man dos seus donos, Javier e Pilar García (a cal pertence á cuarta xeración  desta familia de panadeiros), converteuse nun dos establecementos máis emblemáticos  e con máis tradición da vila de Sarria, sendo o aprecio pola súa historia e o afán por modernizarse, dous dos atributos que mellor o definen.



Persoal actual


O respecto polo traballo e o legado de xeracións anteriores incentivou a paixón por conservar e restaurar os utensilios empregados dende as súas orixes. Froito deste labor de conservación e restauración, esta xeración de panadeiros, querendo render homenaxe á súa historia
Museo Etnográfico
fundaron un MUSEO ETNOGRÁFICO no que se mostran fotos, maquinaria e un conxunto de recordos que nos transportan ao pasado, facendo deste espazo un lugar cheo de vida e de historia para deleite de clientes e visitantes.







Fachada da panadería



Os escaparates da panadería tamén son renovados cada mes con diferentes motivos que representan as distintas estacións do ano e datas conmemorativas, como o día das letras Galegas.






Exposición pan











No hay comentarios:

Publicar un comentario